A Feira de San Gregorio de Pías, de tradición medieval

 

Velaquí vos deixamos este segundo artigo de investigación, que vén a continuar os “90 anos do Matadoiro, hoxe Casa do Río do Rosal“.

Rematamos naquel capítulo falando das “Feiras”, por iso non podemos esquecernos, dentro do concello do Rosal, da antiga, popular e anual de San Gregorio de Pías (San Miguel de Tabagón) con grande e variado mercado.

Celebrábase os días 12 e 13 de marzo no lugar da Estrada (Real) camiño da vila da Guarda. A súa antigüidade é grande. Pódese considerar como de tradición medieval e de categoría, cando menos, comarcal. Caso similar é o Mercado de Sabarís (Baiona) que tamén se celebra en plena vía pública.

A Feira de San Gregorio (con ermida en honor deste santo, remóntase ao século XVI, e foi do Mosteiro de Oia) acollía toda clase de gando, venda de sementes, ferramenta do campo, etc. A ela tamén concorría xente de Portugal, de Galicia e de fóra dela.

Era notable e sempre novidosa a asistencia de ambulantes, compañías de monicreques e fotógrafos non galegosÉ curioso comprobar que nas casas da aldea, as fotos máis antigas (as primeiras da familia) foron sacadas na feira-romaría de San Gregorio.

Como dicimos, a súa categoría, antiga e comarcal, igualmente se reflicte en certos privilexios (dereitos) que se recollen nas Ordenanzas Municipales do Concello do Rosal. Esta nova edición foi editada en 1904 e impresa en Tui, sendo alcalde Indalecio Carrera Piedra.

Os catro artigos das mencionadas Ordenanzas, anotan:
Artículo 68. La feria de San Gregorio, que anualmente se celebra los días 12 y 13 de marzo en el barrio de Pías de la parroquia de San Miguel de Tabagón, en este término municipal, ha de tener lugar en los campos donde se viene celebrando de antiquísima costumbre.

Artículo 69. Los propietarios de estas tierras no podrán estorbar de ninguna manera en sus respectivas fincas, la completa libertad de público sobre la misma en los días de feria y en el día de la víspera para los traficantes establecer sus puestos y en el posterior para retirarlos, puesto que este gravamen constituye una servidumbre legalmente establecida sobre aquellos terrenos, desde tiempo inmemorial.

Artículo 70. Los propietarios de dichas tierras no podrán tampoco ararlas hasta después de tener lugar la feria.

Artículo 71. Sobre cualquier entorpecimiento, que se presentase respecto de la feria de que se trata, que no quedase previsto de manera clara y terminante en las presentes Ordenanzas Municipales, resolverá la Alcaldía sumariamente en cada caso*”.

*Ordenanzas Municipales del Ayuntamiento del Rosal – Tuy 1904, páxinas 8-9. Tamén na publicación Ermita de San Gregorio, Historia y Tradicional Feria-Romería, O Rosal, 1996, páx. 30.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies