Jue. Oct 6th, 2022
Feira de San Gregorio 2016 Pías O Rosal (1)

A Feira de San Gregorio 2016 en Pías (O Rosal), tal e como reza o cartel, celebrarase o sábado 12 e o domingo 13 de marzo.

Iso si, o X Torneo da Cachiza Pías-San Gregorio terá lugar o sábado 5 de marzo ás 15:30 horas na Alameda de Pías. Para inscribirse podedes chamar ao teléfono 606 837 304 (Sergio). A festa estará amenizada polo grupo“Coro Fuscalheiro”.

A inauguración oficial da Feira será o sábado 12 de marzo ás 17:00 horas, previa actuación do grupo de gaitas A Boalleira.

Celebraranse o XIX Evento gastronómico rosca de roxóns ou o II Concurso veciñal da tortilla de pataca. Haberá obradoiros infantís de maquillaxe, globoflexia, xogos, etc.

Ás 20:30 horas, actuación do monologuista Oswaldo Digón.

Xa o domingo 13 de marzo, polbo á feira durante todo o día, con nova actuación de A Boalleira. A partir das 17:00 horas, actuará o Mago Xacobe.

O grupo de folk Os Carunchos ofrecerá un concerto a partir das 19:00 horas.

Como é tradicional, haberá diferentes exposicións de encaixe, paillo e palillada, de “arquitectura en polispán”, “mesas singulares” ou de fotografía, esta a cargo de Alberte Pereira (exconcelleiro do Rosal). Así mesmo, a XI Feira de Artesanía.

O domingo, ás 12:00 horas, celebrarase a misa solemne con sermón e procesión, acompañada do grupo A Boalleira.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies