novas-presentacion
A gran familia do Acanor Atlético Novás

O club Acanor Atlético Novás de balonmán presentou o pasado mércores 12 de outubro en O Rosal aos seus xogadores/as de todas as categorías para a tempada 2016/17.

Víctor e César Armán saúdan a afección na Presentación da “Base”

Fíxoo ante a súa fiel afección, no descanso do partido que enfrontou no pavillón municipal ao equipo “A” de Primeira Nacional fronte ao Magope Seis do Nadal e que se decantou por vitoria local por 35 a 27 goles.

fotos-ismael-pacheco-noticias-o-rosal-2-11
Jota dando instrucións aos seus xogadores

Os homes de José Ramón Muñoz “Jota”, tras disputarse catro partidos de Liga, atópanse no segundo lugar da clasificación con 7 puntos.

Os máximos goleadores do equipo son:
▶ Nico López Rey 21g
▶ Iago Flores 18g
▶ Rubén Figueirido, Manu Martínez e Miguel Sío 15g
▶ Yago Alonso 12g
▶ Miguel Trigo 8g
▶ Dani Pintus 7g
▶ Ismael Rodríguez e César Armán 4g
▶ Ramón Suárez 3g
▶ Carlos Rodríguez 1g

fotos-oscar-rodriguez-figura-noticias-o-rosal-83-1
Nico López Rey e Iago Flores, máximos goleadores do Acanor Novás

O Acanor Novás presentou pois, ás futuras estrelas do balonmán galego e, por que non, “visto o visto”, algunhas o serán a bo seguro, do balonmán nacional. Sen dúbida, o coidado e mantemento da base é fundamental para o proxecto da directiva que preside Andrés Senra.

novas-porrino

Este sábado 15 de outubro (19:00 h) O Rosal acollerá de novo un partido de máxima rivalidade, xa que o Acanor Novás se enfronta ao quinto clasificado da competición, o Construcciones Castro Balonmán Porriño.

Velaquí vos deixamos a reportaxe realizada o día da Presentación desta “canteira eterna” e do partido contra o Seis do Nadal, da autoría dos fotógrafos de Noticias O Rosal, Ismael Pacheco e Óscar Rodríguez “Figura”.

« de 11 »

Un comentario en «A eterna canteira do Acanor Atlético Novás»

  1. Gran equipo! Muy buen partido y muy divertido. ForzaNovas!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.