A Cruz da Portela (Marzán) a través do tempo

 Cruz da Portela 2016 (3)

Trátase dunha das cruces (modernas) dos camiños, xa á beira, xa nas súas inmediacións, dende onde se poidan contemplar.

Este comentario garda relación co que fixemos a primeiros de ano, aludindo ao curioso díptico-felicitación-anuncio do anuario, que oportuna e loablemente, fixo a nosa Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal, que preside Isaac González.

Cruz da Portela O Rosal (1)

Aquel noso comentario fixérase en torno á primeira ilustración do almanaque do ano en curso, o “Espiral do Picouto”, un detalle do noso Patrimonio Prehistórico.

Agora abordamos a outra ilustración (correspondente aos meses xaneiro-xuño). Consistiu na mostra da “Cruz da Portela” (paso, porta) entre os montes do Torroso e Campo do Couto, camiño a Sanxián e Portecelo e á propia Costa Atlántica (“Per loca marítima”).

Cruz da Portela O Rosal (2)
Estado da cruz primitiva en 1975

A Cruz da Portela, cando menos, data do século XVIII, ao igual da que se atopa á beira do camiño en Peitoril. Pois por diante ou próximo a elas pasaron, nalgún tempo, os cadáveres dos veciños de Sanxián, que eran sepultados no cemiterio da parroquia de Santa Mariña.

Facendo un pouco de historia, temos que lembrar que a cruz que se mostra no aludido almanaque, obra do escultor rosaleiro Félix Gómez Fidalgo, foi levantada en 1994 pola propia Comunidade de Montes da nosa parroquia, xa que a orixinal, coidamos tamén primitiva, sufrira un vandálico atentado, destrozándoa en parte.

Proba da nosa aseveración é a foto que damos a coñecer.

Cruz da Portela O Rosal (3)
A Cruz da Portela en 1997

Triste, lamentable e fatal coincidencia que esta “Cruz da Portela”que ilustraba o díptico, promocionando e lembrando aos rosaleiros cun sinxelo monumento agora histórico, detalle evidente do noso rico e abundante Patrimonio Histórico Monumental, voltou recentemente a ser incomprensiblemente e inxustamente, obxecto da mala fe, da ignorancia e do incivismo.

Cruz da Portela 2016 (2)
Estado actual da Cruz da Portela (agosto de 2016)

Desta triste realidade tamén damos proba gráfica. Só esperamos da boa vontade e do probado respecto e valoración que a nosa Comunidade de Montes ten demostrado, que a “Cruz da Portela” volte a mostrarse no seu natural estado, de ser contemplada.

¡Despreciar calquera tipo de obra artístico-monumental legada polos nosos devanceiros é ofensa a eles mesmos!

XOÁN MARTÍNEZ TAMUXE

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies