A BTT do Atlántico homenaxea ás vítimas do accidente da Guarda este domingo día 20

 BTT do Atlántico

Informa: Qualité Sport.

A BTT do Atlántico homenaxeará ao falecido e aos feridos no tráxico accidente desta fin de semana, no que un pelotón duns vinte ciclistas foi arroiado por un vehículo na estrada que une Baiona e A Guarda. Antes do inicio da marcha (9:30 horas  dende o Colexio da Sangriña), que terá lugar este domingo 20 de marzo, gardarase un minuto de silencio no que participarán representantes municipais da Guarda, Oia e O Rosal, os tres concellos polos que discorrerá á proba. Ao acto tamén se unirán a veciñanza destas localidades e os máis de cen inscritos no evento.

Con este pequeno xesto “queremos ter unha lembranza para as vítimas deste fatal accidente e mostrar o noso apoio ás familias e achegados do falecido e dos feridos”, sinalou Serafín Martínez, organizador da proba e ex-ciclista profesional. Ademais, “pretendemos facer visible esta problemática e concienciar a toda a poboación para que adopten as medidas de precaución necesarias e non se repitan máis mortes de ciclistas nas estradas”, engadiu o que fora corredor do Xacobeo Galicia.

A primeira edición da BTT do Atlántico reunirá o vindeiro domingo a máis dun cento de ciclistas que percorrerán 40 quilómetros polos montes do Rosal, Oia e A Guarda. A proba, de carácter non competitivo, discorrerá pola Serra da Groba e terá a súa saída e chegada no municipio guardés. A cita, organizada por Qualité Sport Events en colaboración cos tres concellos, nace para poñer en valor os paraxes naturais e roteiros do Baixo Miño a través dunha modalidade deportiva que conta cun gran número de adeptos na bisbarra. As inscricións mantéñense abertas até o vindeiro mércores.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies