A Biblioteca do Rosal reabre hoxe as súas portas para o préstamo de libros

📸 Informa: Concello do Rosal // 📸 (Portada: Noticias O Rosal)

⚠ Non estará aínda permitido o estudo en sala nin o uso de ordenadores

Segundo vén de comunicar o Concello, “a Biblioteca Pública do Rosal reabre este mércores 13 de maio as súas portas para o préstamo de libros.

Os usuarios e usuarias poderán así devolver os exemplares collidos no mes de febreiro e marzo e levar de novo á súa casa un máximo de 2 libros por persoa, dado que as medidas de reapertura marcadas polas autoridades sanitarias obrigan a poñer en corentena un mínimo de 14 días todos os exemplares devoltos polo público.

O horario de apertura será o habitual ata o de agora: luns de 15.30 a 20.30 horas e de martes a venres de 16.00 a 20.30 horas”.

Máis información, aquí.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.