A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL CELEBRA SANTA ICÍA O SÁBADO DÍA 7

Informa: Agrupación Musical do Rosal
Con motivo da celebración de Santa
Icía enviamos o cartel dos actos que terán o vindeiro sábado día 7
de decembro.
Os actos comezarán ás 17,30 h. cunha misa na
honra da patroa dos músicos na Igrexa Parroquial de Santa Mariña do Rosal, que
estará acompañada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal, dirixida por Toñi
Santos Vaquero.
Ás 20,00 h. no auditorio municipal
terá lugar o concerto a cargo da banda Agrupación Musical do
Rosal 
baixo a batuta de Marcel van Bree. Durante o
concerto presentaranse os novos músicos que se incorporan á banda,
acompañaremos o quinteto de vento Rubato, formado por cinco grandes músicos
galegos e estrearemos a obra Theseus, do compositor goianés Andrés Álvarez.
A banda interpretará o seguinte
programa:
– Marta Agustín,
pasodobre de Pere Sanz Alcover
– Songs
from the Catskills
 de Johan de Meij
– Concerto
for woodwind & wind ensemble quintet, 
de David R. Gillingham (Banda
e Quinteto de Vento RUBATO)
 Theseus
de Andrés Álvarez (ESTREA)
– Estampes Simfóniques de
Joaquin Serra, arr. Douglas McLain


Esperamos que estes actos sexan do voso agrado e pasedes con nós unha boa
tarde de música.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies