20 e 21 de maio, Festas de San Isidro en O Rosal

As tradicionais Festas de San Isidro, Patrón dos Agricultores, celebraranse en O Rosal os vindeiros días 20 e 21 de maio de 2017. Este é o seu programa:

O sábado 20, a partir das 21:00 horas, verbena coa orquestra Saudade e o grupo H2O, que se prolongará ata altas horas da madrugada.

O domingo 21, ás 10 da mañá, pasarrúas a cargo do grupo de gaitas A Boalleira, de A Gándara. Ás 12, misa solemne con sermón e procesión, cantada pola coral Ecos do Folón.

Xa de tarde, ás 19:00 horas, actuación do trío Alegría. A partir das 20:00 horas, gran Subasta de produtos típicos da terra. De seguido, verbena coa actuación de novo do trío Alegría. O recinto estará cuberto.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.